I Foro de Emprego

jueves, 28 de febrero de 2019

I Foro de Emprego reúne a participación de preto de 30 expositores e múltiples actividades. As principais firmas españolas de servizos profesionais captan en Vigo talento económico-empresarial e xurídico

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle os días 27 e 28 de febreiro o seu I Foro de Emprego, unha actividade organizada polo decanato do centro e na que se reunirán preto de 30 empresas. Os postos das diferentes empresas poden visitarse en horario de 09.00 a 19.00 horas no vestíbulo central do centro e no corredor de acceso ao salón de graos da facultade.

Á inauguración será ás 13.00 horas  do mércores 27 e nela contarase coa participación de Manuel J. Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Abel Caballero, alcalde de Vigo e Jorge Falagán, decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.


https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/principais-firmas-espanolas-servizos-profesionais-captan-vigo-talento-economico-empresarial-xuridico


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies