EDUGAL 2019

miércoles, 27 de febrero de 2019

8º Salón da oferta de educación e formación de Galicia

A cita máis importante do ano en educación e formación

A 8ª edición desta feira terá lugar durante os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2019 no Recinto Feiral de Pontevedra.

Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira.

Alumnos e visitantes teñen á súa disposición a posibilidade de acceder a unha orientación educativa que lles axude a analizar todas as opcións e itinerarios formativos a través dun servizo de atención personalizada e gratuíta, atopando respostas ás súas necesidades e coñecendo as oportunidades do mercado laboral e formativo.






Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies