¿No tienes formación para cursar Certificados de Profesionalidad de nivel 2 o 3? Aquí la clave!

viernes, 11 de marzo de 2016

Convocatoria Exámenes Competencias Clave

Competencias clave para o ano 2016
Fuente: Doga 

Resolución do 26 de febreiro de 2016 - DOG do 11 de marzo de 2016 - , da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:

A resolución contén os seguintes anexos:

Anexo I
     Solicitude. Procedemento TR306A
Anexo II    Calendario do procedemento
Anexo III   Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
Anexo IV   Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
Anexo V    Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
Anexo VI   Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira

  • Prazo de solicitudes abrangue do 12 de marzo ata o 2 de abril

    •  Lugar de realización das probas previse que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra) como nas últimas convocatorias (ver artigo nº  9 da Resolución)

    Recomendacións:
  • Prégase entregar a solicitude o antes posible
  • No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar fotocopia coa solicitude (ver artigo nº 7 da Resolución)
  • No caso de solicitudes cumprimentadas a man, pregase claridade nos datos
  • No caso de presentarse as probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude

Nota informativa o nivel 3

No mes de setembro de 2016 (disposición final 5ª da LOMCE) entrará en vigor o artigo 41.3 da Lei Orgánica para a mellora da calidade educativa que regula as condicións de acceso e admisión aos ciclos formativos de grao superior. 

Tendo en conta a modificación introducida neste artigo, considerarase que cumpren os requisitos de acceso aquelas persoas que posúan a partir da súa entrada en vigor, entre outros, algún dos seguintes títulos:

  • Título de técnico en formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE).
  • Título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

Estas titulacións incorporaranse aos requisitos de acceso aos cursos de certificados de profesionalidade de nivel 3, logo da entrada en vigor do artigo 41.3 da LOMCE; non sendo de aplicación para as persoas que accedan aos cursos de formación con anterioridade ao 1 de setembro de 2016.

Instituto Galego das Cualificacións


•    Teléfono de contacto:     981.546840    981.541562    981.546808 
•    Fax:     981.544604 
•    Enderezo electrónico:      ctb.igcualif@xunta.es





EQUIPO AGENCIA DE COLOCACIÓN
Ponte en contacto con nosotros para resolver tus dudas.


Fonte: DOGA

Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies